VER PROGRAMA DA XUNTANZA
Domingo 23 de agosto · 16:00–19:30 h
Punto de encontro: Finca Capeáns · A Baña (A Coruña)
16:00 – 16:15 · Recepción e presentación da xornada
16:15 – 17:00 · Percorrido na Finca Capeáns: plantación de castiñeiros
-
- Deseño, desenvolvemento e manexo.
- Pastoreo extensivo como ferramenta para o mantemento das plantacións de castiñeiro.
Apertura de diálogo para que os asistentes poidan formular preguntas e compartir as súas propias experiencias.
17:00 – 17:15 · Desprazamento á finca Rubira (1 km)
17:15 – 18:40 · Percorrido pola finca Rubira
-
- Rego por goteo: funcionamento, distribución das liñas, colocación dos goteiros, necesidades de auga, frecuencia dos regos e mantemento da instalación.
- Maquinaria para a recolección e calibrado da castaña:
maquinaria específica para a recolección e calibrado da castaña, coa explicación directa do comercializador. - Diversificación da actividade e desenvolvemento rural: visita as cabañas de madeira destinadas a turismo rural sitas na propia finca.
18:40 – 19:15 · Desprazamento á Finca de Crespo (7 km)
-
- Reprodución e produción de castiñeiros:
elección do material vexetal, variedades, patróns, enxertado, calidade da planta e criterios de selección en función do destino da produción
- Reprodución e produción de castiñeiros:
19:15 – 20:00 · Preguntas e peche da xornada
O vindeiro domingo 13 de setembro, ás 16:00 horas, CASPRENOR organiza na Finca Capeáns, na Baña (A Coruña) unha xuntanza aberta a produtores, propietarios e persoas interesadas no cultivo do castiñeiro e na produción de castaña.
A diferenza dunha xornada técnica convencional, a actividade desenvolverase directamente no campo, visitando diferentes plantacións e analizando sobre o terreo cuestións que forman parte do traballo diario dos produtores.
O obxectivo é compartir experiencias e coñecementos desde un punto de vista eminentemente práctico: ver o que se está facendo, coñecer distintas solucións, comprobar como funcionan e poder preguntar e intercambiar opinións directamente cos profesionais e cos propios produtores.
Rego por goteo en plantacións de castiñeiro
Durante a visita poderanse coñecer casos reais de instalacións de rego por goteo, observando a súa distribución na plantación e comentando diferentes aspectos relacionados co seu funcionamento e manexo.
Será unha oportunidade para falar sobre as necesidades de auga do castiñeiro, especialmente durante os primeiros anos de implantación e nos períodos de maior déficit hídrico, así como sobre as posibilidades que ofrece o rego localizado para aproveitar mellor a auga dispoñible.
A intención non é só explicar como se instala un sistema de rego, senón velo funcionando nunha plantación e poder valorar sobre o terreo as distintas alternativas.
Maquinaria para a recolección da castaña
Un dos puntos destacados da xornada será a presenza do comercializador de maquinaria de recolección, que permitirá coñecer directamente diferentes solucións para mecanizar esta tarefa.
Poderase falar das posibilidades de mecanización segundo o tipo de plantación, superficie e características do terreo, así como das vantaxes e limitacións dos diferentes sistemas.
Os asistentes terán ademais a oportunidade de formular directamente ao comercializador as súas preguntas, coñecer o funcionamento das máquinas e valorar que solucións poden resultar máis axeitadas para cada explotación.
Selección e calibrado
A mecanización non remata coa recollida. Outro dos aspectos que se abordarán será a maquinaria destinada ao calibrado e clasificación da castaña, unha fase importante á hora de preparar e valorizar o produto.
Coa presenza do comercializador poderanse coñecer os diferentes sistemas dispoñibles, o seu funcionamento, capacidades de traballo e posibilidades de adaptación tanto para produtores individuais como para explotacións ou agrupacións cun maior volume de produción.
Pastoreo extensivo nos soutos
A xornada permitirá tamén coñecer experiencias relacionadas co pastoreo extensivo como ferramenta para o mantemento das plantacións de castiñeiro.
Analizarase sobre o terreo o seu posible papel no control da vexetación, a redución dos labores de desbroce e o aproveitamento complementario das parcelas, así como as precaucións que deben terse en función da idade das árbores, do tipo de gando e das características de cada plantación.
Un encontro para compartir experiencias
Pero, sobre todo, queremos que esta sexa unha xuntanza entre produtores.
Ademais dos temas previstos, haberá tempo para formular dúbidas, comentar problemas que aparecen habitualmente nas plantacións, coñecer as solucións que están empregando outros produtores e intercambiar experiencias.
Porque moitas veces as cuestións máis interesantes aparecen precisamente ao pé das árbores, vendo unha instalación, unha máquina ou unha forma diferente de traballar.
VER PROGRAMA DA XUNTANZA
Domingo 23 de agosto · 16:00–19:30 h
Punto de encontro: Finca Campeáns · A Baña (A Coruña)
16:00 – 16:15 · Recepción e presentación da xornada
16:15 – 17:00 · Percorrido na Finca Campeáns: plantación de castiñeiros
- Deseño, desenvolvemento e manexo.
- Pastoreo extensivo como ferramenta para o mantemento das plantacións de castiñeiro.
Apertura de diálogo para que os asistentes poidan formular preguntas e compartir as súas propias experiencias.
17:00 – 17:15 · Desprazamento á finca Rubira (1 km)
17:15 – 18:40 · Percorrido pola finca Rubira
- Rego por goteo: funcionamento, distribución das liñas, colocación dos goteiros, necesidades de auga, frecuencia dos regos e mantemento da instalación.
- Maquinaria para a recolección e calibrado da castaña:
maquinaria específica para a recolección e calibrado da castaña, coa explicación directa do comercializador. - Diversificación da actividade e desenvolvemento rural: visita as cabañas de madeira destinadas a turismo rural sitas na propia finca.
18:40 – 19:15 · Desprazamento á Finca de Crespo (7 km)
- Reprodución e produción de castiñeiros:
elección do material vexetal, variedades, patróns, enxertado, calidade da planta e criterios de selección en función do destino da produción
- Reprodución e produción de castiñeiros:
19:15 – 20:00 · Preguntas e peche da xornada
A xuntanza é gratuíta e está aberta tanto a persoas asociadas como non asociadas a CASPRENOR.
Data: domingo 33 de setembro
Hora: 16:00 h
Para facilitar a organización da xornada, agradecemos confirmar previamente a asistencia.
Agardámosvos no campo!
Lugar: Finca Capeáns – A Baña, A Coruña

Confírmación asistencia:
Non é obrigatorio inscribirse para asistir, pero agradeceriamos que nos confirmases a túa participación. Isto axudaranos a coñecer aproximadamente o número de asistentes e a organizar mellor a xornada.
